miércoles, 20 de marzo de 2013
O grupo poético Alalá celebra o venres o seu recital anual de primavera
• Aos cinco poetas locais unirase a tamén poetisa Diana Varela Puñal
As Pontes, 20 de Marzo de 2013.-
O Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Cultura, e grupo poético Alalá celebrarán este venres o seu tradicional Recital de Primavera.
A cita terá lugar no salón de actos da Casa Dopeso e na mesma será posible escoitar as recentes composicións de Aníbal Ánxel, Gloria David, Ofelia López, MªCarmen Freire e Santi del Moral que abordan temáticas coma a paisaxe galega, o amor e o sufrimento e diferentes denuncias sociais.
Nesta ocasión tamén se contará coa presenza, coma poetisa convidada, de Diana Varela Puñal autora de poemarios coma Fíos, polo que obtivo o premio Uxío Novoneyra en 2006, ou Animal abismo.
O recital, que será de entrada libre, arrincará ás 21.00 horas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario