
O goberno local destina unha partida de 10.000 euros para a actividade anual de ASPANAES e outra de 12.000 euros máis ao programa "Eu almorzo no cole" .
O Concello de As Pontes non escatima en gastos á hora de favorecer aos estudantes da localidade. Hoxe mesmo asinábanse senllos convenios de colaboración cos dous centros educativos que ofrecen o servizo de almorzo no cole, A Fraga e A Magdalena. O concelleiro de servizos sociais José Alén era o encargado de rubricar estes concertos de colaboración, cos representantes das ANPAS As Medoñas, da Fraga, e Outo Eume, da Magdalena.
A Fraga recibe este ano unha subvención de 5.300 euros para o desenvolvemento do seu programa de almorzos, ao que diariamente, de oito a nove da mañá, acuden doce nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
Pola súa parte, A Magdalena recibe 6.700 euros para o mantemento dun programa ao que acuden diariamente 17 estudantes. No caso deste centro o servizo Eu almorzo no cole préstase entre as 8 e as dez da mañá, hora de entrada ás aulas. Dúas horas nas que os pequenos comensais, ademais de tomar un completo e variado almorzo, aproveitan tamén para repasar as leccións do día, pintar ou xogar, e sempre acompañados por dúas monitoras.
Dase tamén a oportunidade de asitir aos almorzos no centro "en días soltos", co que ao final do ano, son máis de cincuenta familias pontesas as beneficiarias deste servizo.
Eu almorzo no Cole reedítase por quinto ano consecutivo no colexio A Magdalena, e por terceiro no colexio A Fraga. Nambos os dous centros o obxectivo final é o mesmo, axudar ás familias dos estudantes ponteses a conciliar vida laboral e familiar. Unha tarefa na que a actitude da Concellería de Servizos Sociais é exemplar, e non só por propiciar a apertura dos centros fóra do horario lectivo, senón tamén por poñer en marcha en todos os períodos vacacionais, Semana Santa, Nadal e verán, os campamentos urbanos.
Posteriormente, o alcalde Valentín González Formoso procedía á sinatura do convenio de colaboración con Aspanaes. 10.000 euros recibe este centro para o ano en curso, o 2.013, para cubrir os gastos de escolarización do alumnado, o servizo de valoración e orientación, e a realización de actividades extraescolares que favorezan a integración social deste grupo de estudantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario