lunes, 7 de octubre de 2013
O Concello de As Pontes renova a súa aposta pola igualdade de xénero.
A pasada semana celebrábase en As Pontes unha reunión, en Casa Dopeso na que a Concellería de Servizos sociais exercía de anitrioa, para a ampliación do acordo inter-institucional en materia de violencia de xénero que está en vigor no noso municipio.
Unha comisión de seguimento deste Acordo Inter institucional en materia de violencia de xénero, no que participan as diferentes administracións públicas, forzas da orde, representantes educativos, e da sanidade, pretende mellorar a cordenación efectiva na atención e prevención da violencia contra as mulleres.
Compartiron mesa de traballo, representantes de centros educativos da localidade, a pediatra do centro de saúde, técnicas do CIM e servizos sociais, os Concelleiros José Alén e Eladio Bouza, e os representantes de Garda civil e Policía local, así como a xefa da unidade de cordenación contra a violencia da muller da Subdelegación do Goberno da Coruña, Judith Fontela.
Renovábase, con este encontro o compromiso de seguir avantando na protección e recuperación das vítimas, na prevención, na cordenación, e todo isto mentres se segue a traballar para avantar cara á plena igualdade en todos os ámbitos da vida.
Dende o Concello insistíase en manter a liña de traballo activo tamén na difusión, na formación continua e na dotación dos recursos humanos, materiais e técnicos necesarios
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario