miércoles, 8 de enero de 2014

O ESCAPARATE AGASALLO DO I CERTAME DE ESCARATES DE NADAL RECAE NUNHA CLIENTA DE LA COTTONERÍA  María del Carmen Fernández Felpeto. Ese é o nome da afortunada gañadora do escaparate de agasallos correspondente ao primeiro concurso de Escaparatismo de Nadal, organizado polo departamento municipal de Promoción Industrial, Hostalería e Comercio coa colaboura do Instituto Pontés de Promoción Económica. Un impresionante conxunto de agasallos entre os que podemos atopar dende roupa, maletas, bolsos, mantas, xoiais, material deportivo, calzado, ata doces, produtos para a nosa mascota ou vales de compra irán para o fogar desta persoa afortunada que, nestas festas, se animou a mercar os seus agasallos de Nadal nalgún dos 25 establecementos que participaron neste certame de decoración que deixou entrever a orixinalidade, traballo e imaxinación de moitos dos nosos comerciantes mediante os seus respectivos escaparates, e no que os propios veciños e veciñas exerceron de xurado. A papeleta gañadora co voto para La Cottonería, foi extraída onte ao mediodía, nas dependencias da Casa Consistorial. Asemade, tamén se procedeu á extracción de varias papeletas suplentes, de darse o caso de non poder contactar coa primeira gañadora. Este escaparate de agasallos serviu para premiar a confianza dos veciños no comercio de proximidade e tamén pola súa participación, mediante os seus votos, nun certame que arrincou en decembro e que rematou o pasado domingo. Malia que xa coñecemos o nome da persoa afortunada con este premio, haberá que agardar a este sábado, ás 13.30 horas, para coñecer non só cal foi o escaparate que conquistou aos ponteses e ponteses nestes días de Nadal coa súa decoración, senón tamén o nome do establecemento que logrou o beneplácito do xurado que estivo a percorrer os diferentes locais comerciais participantes neste concurso e que outorgarán un segundo recoñecemento. A entrega de premios, que terá lugar no salón de plenos da Casa Consistorial, estará presidida pola edil de Promoción Industrial, Hostalería e Comercio, Montserrat García, que tamén fará entrega dos diplomas correspondentes ao curso de escaparatismo desenvolvido por este mesmo departamento a finais do pasado ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario