jueves, 27 de marzo de 2014

Unha vintena de empresarios ponteses do mundo da construcción participaron hoxe no Foro Aurhea sobre rehabilitación de edificios

O marco xurídico das rehabilitacións, as axudas económicas necesarias e os aspectos técnicos deste tipo de obras integraron o programa da xornada Unha vintena de empresarios de As Pontes adicados aos ramos da construcción, electricidade, fontaneiría e carpintaría acudiron, xunto coa primeira tenente de Alcalde de As Pontes e edil de Industria, Montserrat García, ao Foro Aurhea, organizado pola Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) e a Asociación Nacional de Empresas de Rehabilitación y Reformas (ANERR). Empresarios e concelleira se trasladaron ata o Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña para participar nesta convocatoria coa que tamén colabora a Deputación da Coruña. Durante este foro, abordáronse temas coma a rehabilitación de edificios e os aspectos xurídicos que rexen este tipo de obras, ademáis do marco legal no que se atopan. Outro dos asuntos a debate foi o das axudas económicas coas que se conta á hora de afrontar este tipo de proxectos. A traverso desta interesante xornada, o que se pretendía era avanzar no mercado da rehabilitación e todo o que significa para o sector da construcción e todos os profesionais que o integran; ademáis de estreitar a comunicación entre o mercado da rehabilitación e as administracións, amosando as diferentes posicións e actuacións diante da rehabilitación dos edificios, e xerando unha estupenda oportunidade para crear entre todos os axentes implicados un espazo común para a promoción e difusión da cultura da rehabilitación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario