martes, 1 de abril de 2014

Concello e Faepac asinan un acordo para a análise das facturas eléctricas municipais

O Concello de As Pontes vén de asinar un convenio de colaboración coa FAEPAC, a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña, para a revisión e estudo da facturación eléctrica do Concello. A sinatura deste convenio, que terá duración de 1 ano, conleva a revisión da facturación eléctrica do Concello dos últimos 12 meses, e a tramitación das reclamacións polas facturas do último ano, unha vez que Gas Natural Fenosa xa recoñeceu que facturou de forma indebida. O convenio non suporá gasto algún para a entidade municipal. Unicamente, a FAEPAC recibirá unha porcentaxe do que a compañía Gas Natural Fenosa lle devolva ao Concello. A Fundación Axencia Enerxética Provincial de A Coruña, dá traballo a catro empregados, é un organismo autónomo con sede nas Pontes, dependente da Deputación Provincial da Coruña e co Concello de As Pontes como patrono.

No hay comentarios:

Publicar un comentario