lunes, 21 de abril de 2014

Idea As Pontes logra o premio Afiprodel pola gran implicación da veciñanza na elaboración do plan de ordenación municipal

O xurado valorou a involucración da cidadanía na ordenación do territorio, o uso das novas tecnoloxías e a democratización do proceso de elaboración do novo plan urbanístico pontés nun proxecto elaborado pola Concellería de Urbanismo de As Pontes As Pontes, 21 de Abril de 2014.- O proxecto de participación pública Idea As Pontes, dirixido a que todos os veciños e veciñas do municipio aporten a súa opinión e suxerencias para o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, foi galardoado co primeiro premio Afiprodel, na modalidade de proxectos promovidos por administracións públicas, que concede a Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local de Galicia a proxectos e actuacións dirixidas ao desenvolvemento humano local realizados por concellos galegos de menos de 20.000 habitantes. A iniciativa, impulsada dende o departamento municipal de Urbanismo do Concello de As Pontes para lograr a máxima implicación da veciñanza á hora de elaborar un novo plantexamento urbanístico pontés, foi calificada polo xurado, coma un exemplo da involucración da sociedade nunhas das actividades máis relevantes do desenvolvemento local, como é a ordeación do territorio. Asemade, tal e como apunta o fallo do xurado, malia que o proxecto está aínda sen rematar, Idea As Pontes xa deu os seus primeiros resultados no tocante á gran participación cidadá e metodoloxía que se está a aplicar con esta iniciativa, dando lugar a un enriquecemento dos procesos democráticos na toma de decisións sobre o territorio. Finalmente, para a concesión deste premio, tamén se tivo en conta o importante papel das novas tecnoloxías á hora de desenvolver Idea As Pontes. De feito, é preciso subliñar que, ademáis dos diferentes obradoiros e encontros de traballo que Idea As Pontes estivo a desenvolver nestes últimos meses en todas as parroquias e barrios de As Pontes cos seus respectivos veciños; tamén existe unha web (www.ideaaspontes.com) na que os veciños e veciñas poden deixar os seus comentarios, impresións e ideas sobre o plantexamento urbanístico do municipio e ata cubrir unha enquisa para dar conta das necesidades do seu respectivo barrio. Entrega de premios Este mesmo sábado, día 26, ás 11.00 horas, farase entrega no Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago de Compostela), tanto deste galardón coma do resto de premios concedidos pola Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local de Galicia. En representación do Concello de As Pontes está prevista a presenza do edil de Xestión Orzamentaria e Urbanismo, Antonio Alonso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario