miércoles, 14 de mayo de 2014

A Concellería de Industria e Promoción Económica organiza unhas xornadas dirixidas ao fomento do emprendedurismo

A concellería pontesa, en colaboura coa Deputación da Coruña ofrecerán recursos formativos a empresas e emprendedores locais A Concellería de Industria,Promoción Económica, Comercio e Hostalaría a traverso do Instituto Pontés de Promoción Económica, retomará esta semana as actividades formativas en materia empresarial mediante xornadas adicadas á motivación emprendedora, aberta a toda a cidadanía. Dende o departamento que dirixe Montserrat García ponse en marcha esta iniciativa coa colaboura da Deputación da Coruña, para a motivación dos emprendedores locais e farao mediante dous días de charlas e xornadas formativas adicadas ao emprendedurismo e ás fontes de financiación. De feito, segundo apuntou a concelleira, unha das liñas de traballo do seu departamento é achegar ao tecido empresarial e comercial local todos recursos e inicitivas posibles dirixidas á promoción do seu negocio, de ahí que se optase por unhas xornadas que estarán abertas á emprendedores, empresarios locais e tamén a aquelas persoas desempregadas como unha saída cara o autoemprego. O Centro de Dinamización Empresarial de Penapurreira albergará esta convocatoria, de 9 horas de duración, e que se celebrará os días 29 e 30 deste mes en horario de 09.30 a 14.00. Técnicos do IPPEC e da propia Deputación da Coruña serán os encargados de desenvolver estas xornadas nas que se abordará dende a lexislación vixente en materia de emprendedurismo ata as fontes financiación, o deseño dunha marca ou a motivación emprendedora. Asemade, tamén se contará coa experiencia de varios emprendedores locais que trasladarán aos presentes o que foi o poñer en marcha o seu propio negocio. Estas xornadas, que serán gratuítas, contarán cun límite de prazas sendo necesario anotarse no Rexistro Xeral do Concello de As Pontes ata o vindeiro 23 de maio. Para obter máis información é posible telefonar ao IPPEC no 981 45 31 16 ou ben consultar a súa web no enderezo www.ippec.es.

No hay comentarios:

Publicar un comentario