miércoles, 2 de julio de 2014

O Concello de As Pontes impulsa a contratación local con dez novos operarios para o departamento de Obras

Os contratados, que contarán cun contrato de tres meses por acumualción de tarefas, foron seleccionados grazas á lista de agarda ideada polo Concello hai tan só unhas semanas O Concello de As Pontes continúa coa súa política municipal de emprego e, mediante o departamento de Persoal, ven de contratar a unha decea de veciños para afrontar as múltiples tarefas que, durante os meses de verán, se producen no departamento municipal de Obras. Os 10 beneficiarios destes contratos foron seleccionados mediante o listado de agarda para a Concellería de Obras e que se elaborou dacordo coas probas realizadas nestas últimas semanas aos candidatos que decidiron participar neste proceso. Así as cousas, segundo explicou a concelleira de Persoal, estes dez contratos contarán cunha duración de tres meses. Jéssica Lago tamén apuntaba que mañá mesmo está prevista a incorporación aos seus respectivos postos desta primeira tanda de membros da citada lista de agarda para este servizo e que permitirá atender todas as demandas e necesidades do departamento municipal de Obras nunha época coma é o verán, na que se incrementa notablemente o traballo a desenvolver por mor das festas patronais e das múltiples celebracións que se realizan por todo o Concello. A concelleira tamén apuntaba a gran utilidade dun recurso como é a lista de agarda que permite, tal e como queda comprobado, a rápida incorporación de candidatos cualificados para un tipo concreto de traballo ou necesidade municipal. Por outra banda, segundo explicou a edil de Persoal, o Concello de As Pontes continuará nestes días con novos procesos de contratación temporal. De feito, o pasado luns inicíabase o prazo de presentación de solicitudes para participar no exame de selección dun socorrista e de tres operarios conductores de motobomba para o verán, e que ata o vindeiro sábado permanecerá aberto, realizándose xa os pertinentes procesos de selección a vindeira semana. Os interesados poden consultar a documentación pertinente no apartado de emprego público da web municipal www.aspontes.com e solventar calquer tipo de dúbida no Rexistro Xeral do Concello, en horario de mañá (08.30 a 14.00) de luns a venres e tamén o sábado (10.00 a 12.30 horas). A toda esta ampla política de fomento do emprego municipal é preciso sumar tamén as contratacións realizadas nestas últimas semanas e que permitiron a incorporación de media ducia de auxiliares de policía e dous Oficiais de Primeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario