A empresa lusa Verdiberia Aqualab pon así en marcha a súa actividade en As Pontes onde se ubicará unha factoría de fertilizantes orgánicos
A empresa lusa Verdiberia Aqualab puxo hoxe en marcha os traballos de construcción da súa nova pranta en As Pontes.
Os traballos, que se están a desenvolver no polígono empresarial dos Airíos, suporán unha actuación nun espazo de 12.000 metros cadrados.
A produción da factoría será de abonos orgánicos de alta calidade, e supón a creación de 30 empregos directos, ademais dos postos indirectos, sobre todo vencellados ó transporte.
De feito, nesta nova factoría traballarase con procesos de última xeración, o que supuxo tamén unha forte aposta pola loxística para o traslado dos lodos e residuos naturais cos que se elaboran os fertilizantes.
A inversión total alcanzará os dez millóns de euros, parte dos cales serán sufragados con cargo ao Plan do Carbón 2010, e a obra está a ser executada, conxuntamente, polas empresas pontesas Construcións Guerreiro e Construcións Canosa que deberán ter listas estas instalacións denantes do 30 de xuño deste ano, dacordo coas condicións marcadas para a concesión de axudas procedentes do Plan do Carbón.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario