jueves, 27 de septiembre de 2012
As Pontes conmemora o Día Internacional da Arquitectura cunha charla, exposicións e un ciclo de cine
• O Poboado das Veigas e os barrios xardín son os grandes protagonistas das actividades ideadas dende o departamento municipal de Urbanismo
O Concello de As Pontes conmemorará o vindeiro 1 de outubro o Día Mundial da Arquitectura mediante un programa de actividades integrado por exposicións, unha charla e varias proxeccións cinematográficas.
A iniciativa, posta en marcha pola concellería de Facenda, Urbanismo, Patrimonio e Contratación, conta tamén coa colaboura da delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que este ano decidiu adicar o Día Mundial da Arquitectura á arquitectura coma axente transformador da cidade e creador de cidade.
O edil Antonio Alonso subliñou a relevancia desta conmemoración que, por primeira vez se celebra en As Pontes, e que terá como eixo central o concepto arquitectónico das cidades xardín. Neste senso, Alonso anunciou que esta celebración contará co Poboado das Veigas coma exemplo deste tipo de deseños.
Así as cousas, o vindeiro luns ás 19.00 horas nas dependencias da Casa Dopeso o profresor Xosé Lois Martínez ofrecerá unha conferencia aberta a todo o público sobre os barrios industriais e a historia urbana de As Pontes, que virá seguida, xa ás 20.00 horas, da inauguración da mostra “O Poboado das Veigas na historia urbana de As Pontes”, exposición que permanecerá na sala do Mercado Vello ata o 3 de novembro e que foi realizada pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. A xornada tamén incluirá unha visita ao Poboado de As Veigas.
A programación deste Día Internacional da Arquitectura completarase con varias películas nas que se plasma a estructura dunha cidade xardín.
De feito, para o 6 de outubro está previsto que se proxecte no Auditorio Municipal Alovi, dende as 20.00 horas, o filme Las Horas de Stephen Daldry. Xa para o día 13 de outubro e no mesmo horario e localización escolleuse o éxito de Peter Weir El Show de Truman, para o día 20 está prevista a exhibición de Mulhollan Drive de David Lynch e, finalmente, o sabado 27 de outubro terá lugar a proxección de Revolutionary Road, de Sam Mendes tamén ás 20.00 horas.
Estas longametraxes serán de acceso totalmente gratuíto para todo o público que desexe desfrutar das mesmas, de ahí que o edil Antonio Alonso quixese tamén animar ao público a participar nestas proxeccións e nos diferentes actos que, por primeira vez, se organizan en As Pontes con motivo deste Día Internacional da Arquitectura.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario