miércoles, 26 de septiembre de 2012
As Pontes será este ano a localidade anfitriona da celebración no Día internacional da arquitectura.
A Delegación de Ferrol do colexio de arquitectos escolleu o Poboado das Veigas como exemplo dunha intervención que amosa o significado do lema deste ano.O arquitecto como axente transformador da cidade e, mesmo en xerador de cidade.
O vindeiro luns, día 1 de Outubro, farase unha visita ó Poboado das Veigas e inaugurarase unha exposición sobre o propio vello
poboado de Endesa, elaborado polo departamento de urbanismo da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña.
Tamén se impartirá una charla a cargo do profesor Xose Lois Martinez, a partir das sete da tarde no Edificio Cultural Doutor Dopeso.
Unha hora despois, ás oito inaugurarase a Exposición na sala do Mercado Vello.
Pasados os actos do día 1, aínda teremos novas convocatorias neste mesmo mes de outubro, os días 6, 13, 20 e 27, desenvolverase un ciclo de cine no Auditorio Municipal coas seguintes proxeccións: As Horas. de Stephen Daldry. do 2002; O Show de Truman, rodada por Peter Wier no 1998; Mulholland Drive, de David Lynch, e do 2001,e por último, Revolutionary Road, de Sam Mendes, e do 2008.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario