viernes, 23 de noviembre de 2012
O DÍA 30 DE NOVEMBRO PÉCHASE O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA VACACIÓNS EN PAZ 2013
No verán de 2013 volveremos ter na nosa vila a nenos e nenas procedentes dos campamentos saharauis de Tinduf, e é que, un ano máis, o concello de As Pontes colaborará coa organización non gubernamental Solidaridade Galega co Pobo Saharaui no seu programa de acollida Vacacións en Paz.
Polo momento, se descoñece a cifra de menores que, o vindeiro mes de xullo visitarán As Pontes para pasar con familias da nosa vila o verán do ano que ven pero as familias interesadas terán ata o venres da vindeira semana para formalizar a súa solicitude e, deste xeito, acoller durante unhas semanas a un destes pequenos ou pequenas que, mediante este programa, terán a oportunidade de desfrutar dun verán diferente, á marxe dun clima bélico e dunha climatoloxía insoportable, e coñecendo novos estilos de vida, unha cultura distinta e ata un idioma diferente.
Para poder acollerse a este programa, as familias interesadas deberán achegarse ata o departamento municipal de Servizos Sociais, ubicado no segundo andar da Casa Dopeso, aínda que se queren obter máis información tamén poderán telefonar ao 981 44 10 08.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario