


Os corredores Melina Alonso do Clube de Atletismo Afflelou Naron e Akka Essaadaoui do Comesaña Sporting Club lograron facerse co primeiro posto na carreira absoluta de San Xosé que, o pasado sábado, reunía no parque de Dona Rita a case 450 corredores de todas as idades e procedencias.
A proba, organizada polo Clube de Atletismo Olympo e o Concello de As Pontes, volvía bater records se asistencia de ahí que na carreira absoluta, de case 7 quilómetros de distancia, case se alcanzasen os 190 inscritos, valentes todos eles e elas á hora de afrontar tramos coma a subida á Cuveliña ou a baixada ao Encoro da Ribeira, tramos do máis esixentes debido a que se desenvolven por asfalto e contan cunha pronunciada pendente.
Coma sempre a xornada arrincaba coas probas dos máis pequenos, cunha gran afluencia de escolares tanto de As Pontes coma doutros concellos da zona e que deberon facer fronte a distancias de entre 350 e 1800 metros.
Así as cousas, en categoría prebenxamín os gañadores foron Aloia Murado e Diego Rodríguez e en benxamín os primeiros postos foron para Celia Durán e Eloy Galdo. Xa en alevín feminino a victoria foi para Daniela Zwirner e na categoría masculina para Andrés Picallo.
O primeiro lugar en infantís ocupábano Carla Franco e Pedro Osorio e en cadete resultaron vencedores Lucía López e Antonio Souto.
A competición infantil pechábase coa entrega de cheques en material escolar a aquelas asociacións deportivas que máis atletas clasificaron na línea de meta e que foron para o colexio da Fraga con 37 atletas, para a Magdalena con 35 e, finalmente, para o colexio de Santa María que clasificou 25 corredores.
No tocante á carreira absoluta feminina, a Melina Alonso, que remataba o percorrido en 24:35, sumábase Raquel Súarez Pedrosa, do Ría de Ferrol e Mari Carmen Penas do Comesaña Sportng Club, sendo galordoada coma primeira pontesa a Subcampiona do Mundo de Raids, Tereza Ctvrtnickova, que remataba a proba en quinto lugar.
Na categoría masculina, xunto Akka Essaadaoui, que empregou 21:04, ocupaban o podio pontés Juan Pena do Coruña Cimans e o gañador da II San Silvestre Pontesa, Rodolfo Somovilla do clube Rioja Atletismo. Como mellor pontés clasificábase David Castro que atravesaba a liña de meta en cuarto lugar.
Na proba de veteráns primeiro resultaba José Manuel Lago en categoría masculina e María Jesús Gestido na feminina e a victoria en xuvenil era para Damián Martínez e Ruth Seoane.
No hay comentarios:
Publicar un comentario