jueves, 11 de abril de 2013
A CAMPAÑA PRESUME DE PRACEIRO CELEBRA MAÑÁ O PRIMEIRO DOS SEUS DOUS SORTEOS
Mañá celebrarase o primeiro dos dous sorteos da campaña Presume de Praceiro coa que un ano máis colabora o concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Promoción Industrial que dirixe Montserrat García.
A iniciativa ten como fin poñer de relevo a figura profesional dos praceiros, ao tempo que se incentivan as compras e se promocionan e visibilizan os mercados e prazas de abastos como referentes na compra de produtos frescos e de calidade, e asemade, premiar a aqueles clientes que apostan polo produto fresco cada día.
De feito, mañá ás 10.00 horas sortearase un vale de compra por valor de 75 euros, un segundo de 50 euros e un terceiro de 25 euros, a gastar no mercado municipal e, para participar é imprescindible depositar un boleto, que se entregará ao cliente unha vez faga a súa pertinente compra nestes establecementos, que inclua os datos do cliente e o seu voto para o mellor posto da praza de abastos municipal.
O pasado mes d e marzo poñíase en marcha este programa que se manterá ata o 3 de maio, xornada na que se procederá ao sorteo de tres novos cheques de 75, 50 e 25 euros.
Presume de praceiro, campaña que conta co respaldo da Consellería de Industria, chegará este ano a máis dun cento de mercado de abastos de toda Galicia e de seguro que volverá ser todo un éxito ao igual que acontecía nas súas convocatorias anteriores e é que as cifras falan por sí soas con máis de 560 clientes, 1.300.000 votos emitidos e premios por valor de case 30.000 euros, en cupóns de compra, polo que tan só lembrarlle aos máis rezagados que aínda están a tempo de realizar as súas compras e beneficiarse desta interesante campaña.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario