viernes, 24 de mayo de 2013

As Cantareiras de Alende protagonizan o venres un recital homenaxe a Suso Vaamonde

• O Auditorio Municipal Alovi acollerá este concerto no que tamén está prevista a actuación de Mini e Mero O Concello de As Pontes, a través do departamento de Cultura, está a organizar para este venres unha homenaxe ao cantautor Suso Vaamonde. As protagonistas serán as Cantareiras de Alende que ofrecerán un concerto no Auditorio Municipal Alovi no que as pezas deste compositor de Ponte Caldelas serán o eixo da interpretación deste grupo pontés que contará co acompañamento de Francisco Fernández Bouza e Antonio Rodríguez López, no teclado e no baixo. Temas coma Uah!, Volvín á terra pero perdín o amor ou Gaita irreal soarán nas voces de Anabel, Ana, Nuria, María ou Isa pero cunha compaña do máis especial: a de Mini e Mero que tamén se subirán ao escenario do Auditorio Municipal Alovi para sumarse á homenaxe a Suso Vaamonde e que arrincará ás 21.00 horas e que será de entrada totalmente libre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario