viernes, 30 de agosto de 2013
O Concello de As Pontes destina máis de 200.000 euros a obras no casco urbano e no rural
As empresas Alija e Francisco Gómez y Cía. adxudicáronse dous proxectos que inclúen pavimentación, saneamento ou melloras no alumeado das zonas que se beneficiarán deste novo paquete de obras
As Pontes, 30 de Agosto de 2013.-
O Concello de As Pontes, en Xunta de Goberno, daba hoxe luz verde a dous novos paquetes de obras que suporán unha inversión proxima aos 220.000 euros e que incluirán dende traballos de pavimentación ata obras en sistemas de saneamento ou alumeado en diferentes puntos tanto do casco urbano coma do rural.
Así o equipo que dirixe Valentín González Formoso, respaldaba a adxudicación á empresa tourense Francisco Gómez y Cía. dos traballos de pavimentación en Maciñeira e Chao dos Paces e do alumeado na rúa Cabanas. Estas obras foron adxudicadas por un total de 75.020 euros e forman parte do listado de obras adicionais do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña de 2012.
Por outra banda, o goberno pontés destinará 142.250 euros aos traballos de renovación de redes de auga potable e saneamento nas rúas Neda, Fene, Ares, Rego do Campo, Acibido e Piñeiral; traballos que contan co respaldo económico do Fondo de Compensación Ambiental do exercizo en curso e que foron adxudicados, na sesión desta mañá, á empresa pontesa Alija.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario