martes, 17 de septiembre de 2013
22 DE SETEMBRO: FESTA DA FRAGA 2013 (Cap. II)
Dende a Comisión de Festas do Carme e A Fraga 2013 queremos facervos a todos partícipes das razóns polas cales “refragueamos” este ano. Como de todos vós é sabido o 25 de xullo, día da Festa da Fraga, Galicia asistía atónita a unha gran desgracia para o noso país, polo que ante os acontecementos decidimos suspender todos os actos dese día.
Aínda así, esta Comisión ten unha débeda con todas as atraccións, postos e toldos que acoden á festa, xa que todos eles tiñan pagado por poder montar o seu negocio na Fraga. A suspensión dependeu de nós, foi decisión nosa, co cal non teñen porque perder os seus cartos, e facendo a festa o día 22 tentaremos quedar a pre con todos eles.
Por outra banda, o grupo “Los Suaves” falounos sempre de aprazar o seu concerto, non de suspendelo, e a este acordo chegamos con eles; precisábamos dunha data que tiveran libre e esta e o vindeiro domingo 22 de setembro. A mesma razón para a orquestra que nos amenizará a sesión vermú e a verbena.
Así, e con todos os nosos respectos ás vítimas e familiares do tráxico accidente ferroviario, vémonos na obriga moral e económica de “repetir” os actos preparados para o día 25 de xullo. Iso si, a festa, por mor da data, non terá a mesma repercusión á que nos ten acostumados e dende a Comisión gustaríanos que aproveitemos esta ocasión para facer desta festa do 22 de setembro algo que se asemelle ás Festas da Fraga que a meirande parte de nós lembramos. Por isto e por respecto a o entorno, non se permitirá facer cabanas e animamos a todos a facer as típicas “merendas” (os toldos si que estarán permitidos, máis que nada porque xa sabemos que aquí o tempo é impredicible).
Outra vez máis, e non nos cansaremos de repetilo, facemos unha chamada á ética e ao respecto polo entorno. Coidade A Fraga, porque é de todos!
(Non se permitirán as acampadas nin as merendas ao outro lado do río).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario