viernes, 6 de septiembre de 2013
Máis de 250 veciñas de As Pontes participarán na Carreira da Muller.
As cifras de participación de veciñas de As Pontes na Carreira da Muller do vindeiro día 22 están a superarse a cada minuto que pasa e é que, polo momento, e a falla dunha semana para o peche de inscricións, 251 mulleres da nosa vila teñen confirmada a súa asistencia a esta cita solidario deportiva, que ten como obxectivo recadar fondos para a loita contra o cancro de mama.
Deste xeito, As Pontes contará cunha importante representación nesta convocatoria que percorrerá dende as 10.00 horas as rúas da Coruña nun traxecto de cinco quilómetros e que, á marxe do seu compoñente deportivo, pretende ser un símbolo de solidariedade, colaboura e por suposto diversión.
Ata o venres da vindeira semana, a Carreira da Muller da Coruña manterá o seu prazo de inscrición aberto, de ahí que, dende o Clube de Atletismo Olympo continúen a tramitar as inscricións daquelas veciñas que decidan sumarse a esta actividade.
De feito, nestes días o clube Olympo estivo a organizar diferentes adestramentos para preparar esta cita e no que medio cento de mulleres están a participar cada luns, mércores e venres e precisamente, a vindeira semana, o mércores tamén terá lugar o segundo dos test adicados a comprobar os progresos destas corredoras afeccionadas.
Novamente, deseñarase un percorrido de distancia e dificultade moi semellante ao do vindeiro día 22 e que servirá para testar a resistencia das corredoras. A proba será ás 21.00 horas e para participar na mesma é necesario estar diante do pavillón municipal minutos denantes das nove. Esta convocatoria estará aberta tanto a aquelas mulleres que adestren habitualmente co clube olympo coma para aquelas que están a facelo de xeito individual.
Asemade, tamén se está xa a organizar o transporte para acudir á Carreira da Muller e do que se encargará gratuitamente o Concello de As Pontes que contratará autocares para tal fin. Así todas aquelas participantes xa inscritas deberán confirmar se usarán ou non este servizo, con tan só contactar coa organización da expedición pontesa, achegándose ata Opticalia Callao, mediante Twitter ou no espazo de Facebook do Clube Olympo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario