lunes, 21 de octubre de 2013
O Concello das Pontes de García Rodríguez ven de presentar a súa candidatura ao Premio Conama 2013
O Concello das Pontes de García Rodríguez ven de presentar a súa candidatura ao Premio Conama
2013, un galardón que busca distinguir as mellores iniciativas locais a favor da sostibilidade.
A través do proxecto de creación do lago artificial máis grande de España, a área de turismo
municipal pretende facer coñecedor ao gran público do atractivo turístico desta gran obra, sostible e
respectuosa co medio.
O gañador decidirase a partir de nove votos. Oito dependerán dos membros do xurado, formado por
expertos do ámbito da sostibilidade, e un do voto popular, que se rexistra a través da páxina
www.premioconama.org, onde calquera usuario poderá emitir o seu voto ata o día 21 de outubro en
apoio da candidatura pontesa.
A candidatura do Concello das Pontes presentouse na temática de “Auga e calidade ambiental”, e na
modalidade de municipios entre 5.000 e 30.000 habitantes.
O galardón, que será entregado durante a celebración do Foro sobre Desenvolvemento Territorial
Sostible, que se celebrará en Granada os días 11 e 12 de novembro, busca dar visibilidade e
notoriedade a aqueles proxectos de ámbito local que podan servir de exemplo a outras localidades.
De feito, é un galardón sen dotación económica, co que se quere recoñecer de forma pública o
traballo dos municipios ou entidades locais que contribúan a avanzar na sostibilidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario