jueves, 10 de julio de 2014

A primeira Pecha Kucha Night As Pontes albergará a presentación de trece proxectos con marca pontesa

O auditorio municipal Alovi acollerá, mañá á noite, a primeira edición da pecha kucha night, un evento que busca a promoción, nestes caso, dunha ducia de ponteses e pontesas vencellados con sectores tan dispares coma a música, a investigación, a aviación ou a gastrronomía. Durante algo máis de seis minutos, e cunha vintena de fotografías como apoio, cada un dos poñentes explicará o seu respectivo proxecto ou campo de traballo a todos aqueles que mañá, dende as 22.20 horas, se congreguen nas dependencias do auditorio municipal. Para esta primeira Pecha Kucha Night de As Pontes o cartel e a temática serán do máis variado. De feito, contarase coa presenza do piloto Guilllermo Cabarcos, o enxeñeiro Aníbal Gil, a investigadora María de la Fuente, o empresario José María Vilaboy, o músico óscar Rosende, o artesán Javier Moldes, a xornalista Sandra Blanco, o veterinario Vicente Cebreiro, o deportista Javier Montero, o membro da Casa do Mel Manuel Ferreira, representantes da empresa Nordés e tamén o experto en gastronomía Enrique Rodríguez. Como broche de ouro a estas experiencias, contarase coa actuación musical do grupo Bite the soul. A Pecha Kucha Night púxose en marcha hai 14 anos na cidade asiática de Tokio e xa se desenvolveu en 600 cidades e grandes urbes de todo o planeta. Agora chegará a As Pontes e ata se retransmitirá vía Internet, polo que se incrementará a promoción da labor destes trece veciños e veciñas. Xa non é posible facerse cunha localidade, a lo menos telefonicamente, pero sí que mañá entre as 12.00 e a 13.30 e dende as 20.30 e as 22.20 será posible que aqueles que reservaron o seu ticket pasen a recollelo pola billeteira do auditorio municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario