

Este mediodía presentábanse no salón de plenos do Concello de As Pontes as Finais da Copa Xunta de fútbol sala, que se celebrarán o vindeiro mércores no Pavillón polideportivo municipal la localidade pontesa.
Na presentación oficail estiveron presentes, o Alcalde de As Pontes, Valentín González, o Presidente da FGFS, Juan Probaos, e o Presidente do equipo anfitrión, O Esteo, Francisco Fernández.
Asistiron tamén representantes de Burela F. S. e O Parrulo Ferrol.
O alcalde pontés deu a benvida ós presentes e agradeceu o traballo desenvolvido polo Esteo xa non cara a esta competición, senón co día a día na promoción deste deporte na vila.
Agradeceu tamén á Federación que confiara en As pontes como sé, e garantíu que se amosaría que foi un acerto tal decisión.
Tamén o Presidente de O Esteo, Francisco Fernández agradecía o apoio das Administracións, sobre todo do Concello, e tamén á FGFS o ter contribuído a que As Pontes puidese albergar este importante evento deportivo.
O Presidente da Federación, Juan Probaos, agradeceu tamén a todos os que fan posible a disputa conxunta destas finais, e salientou que o nivel está garantido en ámbolos dous partidos, ó amosaren mellor futbol sala que se pode ofrecer a nivel autonómico nestes intres.
Coa final feminina das sete e a masculina das nove, en As Pontes poderá verse, o mércores 1, o mellor fútbol sala galego, e nun grande ambiente, pois é de agardar unha importante presenza de afeccionados dos diferentes clubes. Asemade, a venda anticipada de entradas vai a moi bo ritmo e apenas van quedar 150 boletos para o día dos choques finais.
Nesta xa XXIV edición, poranse en liza os títulos que certifiquen cal sexa o mellor dos equipos galegos, logo dunha competición que desenvolveu as eliminatoria previas para que quedasen os que están no mellor momento de forma.
Vanse enfrontar o Ourense e Burela na final feminina, que será unha revancha da do ano pasado e o Santiago Futsal e O Parrulo de Ferrol na masculina, cos de División de honra tentando revalidar o título diante da grande solpresa que previsiblemente contará cun grande apoio nas bancadas por mor da proximidade xeográfica con Ferrol.
O alcalde, Valentín González, pechaba o acto oficial da presentación salientando a aposta deste municipio polas citas deportivas que se veñen celebrando regularmente na localidade, e aproveitou para reiterar a felicitación a O Esteo, confiando en que o pavillón municipal albergue un bo ambiente e que todos os aficionados que se despracen ata As pontes, e os veciños que se achegeun podan disfrutar dun grande espectáculo deportivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario