sábado, 7 de febrero de 2015
O Concello de As Pontes abre o luns o prazo de inscrición de agrupacións no XII Certame de Comparsas Vila de As Pontes As Pontes, 06 de Febreiro de 2015.-
O Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Cultura, abrirá o vindeiro luns o prazo para a inscrición nunha nova edición do Certame de Comparsas Vila de As Pontes, unha humorística convocatoria do máis axeitada para pechar o domingo de antroido e que, o vindeiro día 15, celebrará o seu duodécimo aniversario.
Entre o luns e o xoves da vindeira semana, en horario de 10.00 a 13.30 horas, un máximo de sete grupos poderán sumarse a esta cómica cita musical na que, coma sempre, a actualidade política, social ou incluso a vida diaria do municipio pontés serán as protagonistas de histriónicas letras e retrousos.
Os requisitos serán os habituais xa que os participantes deberán presentar un mínimo de tres temas en galego, ser un mínimo de dez compoñentes e contar con unidade temática nos seus disfraces aínda que, por suposto, a gracia e simpatía das súas composicións e postas en escea serán un factor do máis importante para alcanzar algún dos premios cos que este ano se galardoará ás mellores agrupacións.
Coma cada ano repartiranse 3.200 euros entre as agrupacións participantes a razón de 650 euros para as formacións locais e 350 ás foraneas, que ademáis de participar neste festival deberán poñer a música tamén á Cabalgata de Antroido que terá lugar xa o martes día 17.
Ás 18.30 horas o auditorio municipal Alovi acollerá esta gala que será de entrada gratuíta e na que, ademáis de premios económicos tamén se galardoará á agrupación coas mellores letras, a que protagonice a mellor actuación e a que conte co mellor vestiario.
Para aclarar calquer tipo de dúbida ao respecto deste concurso, as formacións interesadas en sumarse a esta cita poden telefonar ao departamento municipal de Cultura, no 981 44 03 44, ou ben acceder ás bases do certame que se atopan expostas na propia web municipal, no enderezo www.aspontes.com.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario