O Concello de As Pontes volve apostar por celebrar o Día Internacional da Danza, por medio da participación aberta e o espectáculo público e interactivo.
Mañá estrearase unha coreografía multitudinaria na rúa, que servirá tamén como estrea da reformada Avda de A Coruña.
Baixo o lema ‘Ponte en Danza’ realizarase unha flash move para a que se conta coa colaboura de agrupacións xa conformadas como as escolas de ximnasia de mantemento, de ximnasia rítmica, aeróbic, pilates, e diversos grupos musicais e de baile, así como colectivos sociais.
A coreografía grupal que promete ser espectacular, e chegar ó cento de participantes, vaise realizar a partir das oito do serán na nova rúa semipeonal que conforma a Avda de A Coruña.
Aínda queda esta tarde para sumarse á aprendizaxe, dunha coreografía moi asequible coa que acompañar o tema berimbao metalizado. O ensaio será, coma sempre, ás oito e cuarto, no terceiro andar da casa Dopeso.
A actuación estará dirixida por Jaime Pablo Díaz, profesor da escola de baile municipal, e, no caso de que chovese trasladaríase ó Pavillón Polideportivo de A Fraga.
Ademais do protagonismo local, o Concello decidía potenciar esta celebración coa contratación tamén dos grupos 4nometro, coa súa última montaxe "Bótoche unha man", e os ingleses de Diciembre dance group, que están de xira por España.
Ámbalas dúas actuacións serán de seguido da flash move.
jueves, 28 de abril de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario