A avenida da Coruña abrirase mañá ao público e é que, tras varios meses de traballo e unha inversión final de 250.000 euros, un dos viais máis transitados do centro urbano volverá recuperar o seu tránsito habitual pero cunha renovada imaxe.
Gracias aos fondos Fels de 2010 e ao Plan de Obras e Servizos de 2009, xunto cunha sustancial aportación do goberno municipal, se desenvolveron diferentes traballos que van dende a substitución das canalizacións de servizos básicos ata unha remodelación completa do aspecto externo deste vial.
As empresas Huso Odexca e Construccions canosa foron as encargadas de acometer estes traballos que se dividiron en tres fases.
As dúas primeiras afectaron á reposición de servizos de auga, luz e sumidoiros namentras que a terceira das fases xa implicou a colocación de novas beirarrúas de ata tres metros de ancho, a delimitación da circulación nun só sentido, o que permite dar prioridado ao peón, e un novo adoquinado. Asemade, reduciuse o espazo destinado a aparcadoiros e instalouse novo mobiliario urbano con bancos, papeleiras e ata bolardos.
Os traballos tamén incluiron a instalación dun novo sistema de iluminación con puntos de luz máis eficientes enerxeticamente.
E é que a aposta do goberno municipal pasou por poñer en marcha un proxecto en prol da dinamización comercial desta rúa, convertíndoa nun bulevard revitalizado comercialmente e no que tamén a hostalería recibiu un importante impulso. Agora deberán ser os veciños e veciñas os que xulguen e desfruten deste novo espazo de paseo e atractivo comercial e que, dende mañá, volverá recuperar o seu tráfico habitu
jueves, 28 de abril de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario