lunes, 2 de mayo de 2011

As Pontes acollerá a vindeira fin de semana unha festa en homenaxe ao sector dos transportistas

• O goberno municipal optou por retomar para este entroido unha celebración que este ano vivirá a que será a súa décima edición


O Concello recuperará este ano, trala suspensión en 2010, a Festa do Camioneiro, unha homenaxe aos que día a día viven na estrada, detrás dun volante, e na que, ademáis do concello, tamén se involucrará organizativamente o colectivo Transpuerto Ferrol – As Pontes, S.A.

Así as cousas, esta celebración vivirá a súa undécima o vindeiro sábado cun programa de actividades no que non faltará a música, a diversión e, por suposto, unha marcha que percorrerá as rúas pontesas na que tomarán parte tódolos vehículos que se inscriban nesta cita.

Malia que ata finais da vindeira semana non será posible confirmar o número de participantes, o éxito está máis que garantido, xa que as primeiras previsións apuntan a que máis dun centenar de vehículos pesados visitarán As Pontes.

Precisamente, ante tal espectáculo de grandes pesos pesados da estrada, dende o goberno municipal, quixeron convidar a veciños, tanto de As Pontes coma da comarca, a desfrutar nesta festa na que que se rende merecida homenaxe a un sector, como é o do transporte, e que é un dos motores da economía de As Pontes.

O programa para esta fin de semana abrirase o sábado, ás 09.00 horas, coa concentración no barrio da Casilla de tódolos camións inscritos. Ás 10.00 horas dará comezo o percorrido da comitiva polas rúas do municipio, rematando na Canle IV, onde quedarán estacionados todos os camións participantes.

Xa ás 11.30 horas abriranse ao público as exposicións de vehículos antigos e de camións último modelo nas avenidas da Coruña e Ferrol e ás 13.00 horas, no patio do colexio Santa María, terá lugar unha misa na que se lembrarán aos falecidos nestes últimos meses, vencellados ao mundo do transporte, coma o empresario Roberto Tojeiro ou o transportista Manuel Filgueiras, acto que virá seguido dun xantar popular na carpa que se habilitará neste mesmo recinto escolar.




Nesta xuntanza poderán participar tódolos veciños e veciñas que así o desexen, con tan só mercar o seu ticket por un prezo de 30 euros, no que se inlcue un menú composto por langostinos, churrasco, mexilóns, empanadas varias, anchoas con queixo e postre.

As invitacións poderanse recoller ata o xoves nos bares Taybe e Caseta do Parque, ademáis de na gasolineira Pena de Malate, no taller Autos Puentes e na Casa do Concello.

As actividades continuarán pola tarde, ás 17.30 horas, cunha exhibición de coches teledirixidos para continuar, ás 19.00 horas, cunha conferencia sobre o transporte e que terá lugar na Casa Dopeso.

A festa prolongarase toda a noite cunha verbena que terá como escenario a Praza de América.

No hay comentarios:

Publicar un comentario