
Espina y Delfín rematará tralo verán os traballos que se están a desenvolver na Vilabella e que contan co respaldo económico da Xunta
Para fins deste verán As Pontes vai contar cunha depuradora.
Estas son as previsións, que nuns catro meses entre en funcionamento a futura depuradora de As Pontes, que contrúe a empresa Espina y Delfín SL para o que se destinou un orzamento de 3,5 millones de euros, e inclúe tamén a construción dunha rede de oito colectores xerais da estación de bombeo xa existente, e mesmo se van aumentar coa construción de tres novos bombeos.
Este ambicioso proxecto obedece ó feito de que a depuradora está deseñada para dar servizo a unos 20.000 habitantes, tal como se decidira dende o concello, cando se optou por este proxecto concreto.
Debemos lembrar que foi mercede a un acordo acadado entre o Concello pontés e Endesa, como a eléctrica se comprometeu a ceder ó Concello os terreos necesarios para a instalación da pranta.
A Estación de Depuración de Resíduos ubícase nunha superficie de 17.000 metros cadrados, onde xa estaban os decantadores da pranta de Tratamentos de Efluentes Líquidos (TEL) da empresa eléctrica Endesa.
A nova depuradora vai ser, de calquera xeito, autosuficiente, e funcionará de xeito independente a esa Pranta de Tratamentos de Efluentes Líquidos de Endesa.
Con esta posta en marcha da depuradora cúmprese un dos obxectivos do actual equipo de goberno, que buscou rematar coa situación de que As Pontes carecese de depuradora, e poder deixar así de realizar os verquidos directamente ó río Eume, como se estaba a facer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario