martes, 25 de septiembre de 2012

A xunta de goberno adxudicou diferentes obras con cargo ó Plan de Obras e Servizos deste ano.

A xunta de goberno reuníase onte para abordar a adxudicación de diferentes obras con cargo ó Plan de Obras e Servizos deste ano. Ao final, nun único paquete de obras acordábase encargar a pavimentación en Pedrafita, en Carballo infante, en Sucadío, na Rúa Otero Pedrayo, e na ponte de Penapurreira, así coma nos colexios de Monte Caxado e A Magdalena. A adxudicación facíase á empresa "Terra medio ambiente S. L. por un importe de 202. 960 euros. A empresa adxudicataria é unha compañía pontesa especializada na venda de materiais de construción, labores vencellados á propia construción e a promoción inmobiliaria, servizos forestais, e transporte de mercadoría por estrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario