jueves, 11 de octubre de 2012
As dúas Eurocopas e a Copa do Mundo da Selección Española de Fútbol visitan As Pontes
O ex árbitro Evaristo Puentes Leira e os departamentos de Deportes e Cultura aunaron esforzos para lograr esta visita que terá lugar o domingo e o luns da vindeira semana
As Pontes, 11 de Outubro de 2012.-
O Concello de As Pontes recibirá este domingo ás dúas Eurocopas e o trofeo do Mundial de Fútbol de Sudáfrica, acadados pola Selección Española de Fútbol en 2008, 2010 e 2012.
Estas tres copas manteranse expostas nas xornadas do domingo 14 e do luns 15 de outubro, no auditorio municipal Alovi, gracias ás xestións realizadas , unha vez máis, polo ex árbitro pontés Evaristo Puentes Leira ante a Real Federación Española de Fútbol, coa colaboura dos departamentos municipais de Deportes e Cultura.
Así as cousas, tanto o domingo coma o luns todos os veciños e veciñas que así o desexen poderán tomarse unha instantánea coa Eurocopa acadada o pasado 1 de xullo no Olímpico de Kiev, en Ucrania; co trofeo do Mundial que o combinado de Vicente del Bosque lograba ante Holanda en xullo de 2010 ou coa Eurocopa de Austria e Suiza que a selección española conquistaba tras impoñerse a Alemania o 29 de xuño de 2008.
Horario
O auditorio municipal Alovi manterá abertas as súas portas o domingo entre as 17.00 e as 21.00 horas e o luns en horario de 10.00 a 14.00 horas e, xa pola tarde, de 17.00 a 21.00 horas, así todos os veciños que o desexen poderán tomarse unha instantánea con estes tres trofeos que acreditan ao combinado nacional coma a mellor selección de fútbol do planeta.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario