jueves, 4 de octubre de 2012
COMEZA O CICLO DE CINE DO MES DA ARQUITECTURA QUE CONMEMORA O CONCELLO PONTÉS.
O protagonismo de As Pontes no Día Mundial da Arquitectura, que se celebrou o luns é tan só o pistoletazo de saida dun mes no que se vai continuar cun programa de cine nun ciclo no que se plasmará a presenza da cidade xardín ó xeito do estudado Poboado de As Veigas.
O ciclo desenvolverase todos os sábados deste mes, e con el preténdese plasmar o efecto significativo que a industria do cine ten na percepción do público dos espazos urbáns co potencial da arquitectura e o urbanismo ambiente representados nas pantallas.
Todas as películas programadas coinciden en plasmar a estrutura dunha cidade xardín. De feito, para este mesmo sábado 6 de outubro está previsto que se proxecte no Auditorio Municipal Alovi o filme As Horas de Stephen Daldry. Será a partir das oito do serán, a mesma hora do sábado seguinte, día 13 , para o que se escolleu o éxito de Peter Weir O Show de Truman.
Continuaremos co día 20, en que está prevista a exhibición de Mulhollan Drive de David Lynch e, finalmente, o sabado 27 de outubro pecharase coa proxección de Revolutionary Road, de Sam Mendes tamén ás 20.00 horas. Estas longametraxes serán de acceso totalmente gratuíto para todo o público, están patrocinadas pola Concellería de Facenda, Urbanismo, Patrimonio e Contratación, que conta tamén coa colaboura da Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario