jueves, 29 de noviembre de 2012
O Concello de As Pontes homenaxea á Constitución dándolle este nome ao Paseo dos Alimpadoiros
• O domingo realizarase un acto de descubrimento dunha praca con este novo nome e completarase a xornada cunha roita ciclista que dará comezo ás 12.00 horas
O Concello de As Pontes adiantarse á celebración do Día da Constitución, este domingo, co cambio de nomenclatura do paseo dos Alimpadoiros por Paseo da Constitución.
Este cambio de nome foi decidido nunha sesión plenaria por unhanimidade, e agora vaise facer efectiva coa entrada en vigor da nova denominación aproveitando a proximidade do 6 de decembro.
Para abrir a xornada á participación popular contouse coa colaboura do Clube Ciclista Vilalba – As Pontes, que organiza para ese día unha roita ciclista que, partirá da Casa do Concello e logo dun paseo polo casco urbano terá unha parada no lugar onde se descubra a praca coa nova denominación, na intersección da Rúa Antonio Machado. Alí entregarase un avituallamento a todos os participantes, denantes de iniciar camiño de volta ó punto de partida pechando a xornada ciclista de novo diante da Casa Consistorial.
A marcha farase con carácter popular e estará aberta á participación de todos os que queiran acudir xa que o trazado é asequible para todas as idades.
A saída darase as 12.00 horas e coa chegada procederase á estrea do paseo co seu novo apelativo de Paseo da Constitución, que irá dende a rúa Antonio Machado ao cemiterio dos Alimpadoiros.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario