miércoles, 5 de diciembre de 2012
Ábrese a inscrición para participar nunha nova edición dos Campamentos Urbanos de Nadal
O Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Servizos Sociais e o CIM, organizará para este Nadal unha nova edición dos seus campamentos urbanos. De feito, dende o luns é posible formalizar a inscrición para acudir a este programa e que se desenvolverá os días26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 4 e 7 de xaneiro, entre as 9.00 e as 14.00 horas, nas dependencias do colexio A Magdalena.
Un ano máis o prezo de inscrición será de 10 euros e as prazas serán limitadas cun máximo de 50, dirixidas a pequenos de entre 3 e 12 anos.
Os criterios de admisión volverán ser os habituais xa que terán preferencia as familias monoparentais ou con pais e nais que deban traballar nestas datas e non conten con vacacións.
os interesados en tomar parte nestes campamentos deberán cumprimentar a correspondente inscrición, incluíndo fotocopia do Libro de Familia, certificado de empresa de conforme se está a traballar e non de vacacións, certificado da entidade que imparte a formación se se está a participar nalgún curso ou declaración xurada de estar a traballar no servizo doméstico.
Esta documentación deberá entregarse ata o 17 de decembro, no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres entre as 09.00 e as 14.00 horas ou o sábado de 10.00 a 12.30 . Asemade, para obter máis información é posible telefonar ao departamento de Servizos Sociais no 981 44 10 08.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario