
Dende onte o coñecido coma Paseo dos Alimpadoiros xa conta con nova nomenclatura e é que, nun acto público, o goberno municipal inaugurou este vial co seu novo nome: paseo da Constitución, en homenaxe ao texto constitucional de 1978 e que, este xoves, celebrará o seu 34 aniversario.
Para conmemorar este día, optouse por unha programación que se abría da man do deporte xa que, dende a Casa Consistorial partía unha comitiva en bicicleta comandada por unha ducia de integrantes do Clube Ciclista Vilalba - As Pontes, encargados de organizar o percorrido. Tras deles deceas de pequenos e maiores e ata o propio alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, que tamén se animou a realizar este peculiar acto de homenaxe á Carta Magna sobre dúas rodas.
As avenidas de Castelao e Galicia e a Canle IV integraron a primeira parte dun percorrido que tiña o seu primeiro descanso á altura da rúa Antonio Machado onde os ciclistas puideron desfrutar dun refrixerio e acudir ao descubrimento da praca conmemorativa desta xornada. Con eles representantes do equipo de goberno e do tecido asociativo e veciñal de As Pontes que tamén quixeron tomar parte neste acto.
Xa coas forzas recuperadas, a comitiva ciclista emprendía camiño de regreso ao punto de partida percorrendo, iso sí, o novo paseo da Constitución para baixar pola avenida das Campeiras, a rúa Celso Emilio Ferreiro ou a avenida de Vilalba para rematar novamente diante da Casa Consistorial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario