viernes, 30 de noviembre de 2012
O Concello de As Pontes respalda cun manifesto ao sector leiteiro
Partido Socialista, Bloque Nacionalista Galego, Partido Popular e Compromiso por Galicia asinaron un documento de apoio aos productores de leite
O Concello de As Pontes ven de posicionarse a prol do sector leiteiro mediante un manifesto de apoio aos productores de leite e que onte asinaron todos os grupos con representación municipal.
A voceira municipal do PSdeG-PSOE, Montserrat García, deu lectura a un comunicado no que as catro forzas - PSdeG, BNG, PP, e CXG - quixeron deixar claro o seu apoio incondicicional aos gandeiros nas súas reivindicacións e instaron á Xunta de Galicia a dar unha resposta a esta problemática.
Logo da reunión convocada para a probación unánime deste documento, acordaban manifestar que o sector agrogandeiro é un sector estratéxico como base económica do medio rural e do que viven moitas familias neste concello ata depender economicamente da actividade agrícola e gandeira.
Ademais, lembraban que o sector está a atravesar ao longo dos últimos anos unha gravísima e insostible situación, vendendo os seus produtos por baixo dos custes de produción, e poñendo en perigo a subsistencia económica das súas explotacións gandeiras.
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL
O sector agrario galego está a pasar un momento delicado, polo que se fai necesaria a implicación das Administracións na búsqueda de solucións, tendo en conta que dentro do sector agrario galego, o sector gandeiro concentra o 61% de produción agraria, con 20.000 postos de traballo directo, converténdose polo tanto na principal actividade socioeconómica do sector agrario.
Entendemos que o sector lácteo debe ser considerado como estratéxico, xa que factura máis de 900 millóns de euros e soporta a actividade económica de máis do 50% dos Concellos Galegos, e concretamente na comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal, este sector mantén máis de 700 postos de traballo directos e representa o 3% da produción leiteira galega.
O Concello de As Pontes apoia as reivindicacións do sector na procura dun contrato homologado único, que conte con un método obxetivo de formación de prezos, establecendo un mediador que evite posicións de dominio abusivas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario