
O alcalde de As Pontes preside este órgano que contará con sobranceiras personalidades do mundo empresarial e profesional
O Concello de As Pontes constituiu onte o órgano que se denominará coma Consello Consultivo de As Pontes; un grupo de traballo integrado por diversas personalidades líderes en diversos sectores e todas co denominador común de estar vencelladas directamente con As Pontes.
A súa función será a da aportación e asesoramento dos membros para a posta en marcha dun programa integrado para o desenvolvemento sostible do lago pontés e o seu entorno, así como temas de interese municipal especial de carácter estrátexico.
A primeira reunión do Consello Consultivo centrouse na presentación dos membros, servindo de toma de contacto, coa presentación do proxecto do lago, facendo un percorrido polo proceso de transformación iniciado co fin da explotación mineira e xa concluído co enchido do oco mineiro convertido en lago.
Este consello ponse en marcha nun intre estratéxico no que aínda se pode plantexar calquera proxecto sobre un terreo aínda sen actuar, o que facilitará a posta en marcha dun plan integrado para o desenvolvemento futuro do lago, que permita garantir unha planificación eficaz e sostible, sobre un proxecto que terá que constituír una piar fundamental no futuro do municipio pontés.
Este plan estratéxico ofrecerá as alternativas a desenvolver no vasto espazo que ocupara durante décadas a mina de Endesa, e que pasou a converterse nun inmenso lago artificial. Esta nova superficie de actuación abrangue un ámbito natural de 40 hectáreas de superficie.
O espectacular lago e o seu entorno aspira a converterse en todo un reclamo natural e paisaxístico.
Asemade, a nova realidade do lago ocupa un lugar prioritario nos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal destinado a canalisar o tránsito do papel ao real desta nova cara da explotación mineira.
Por outra banda, dende o Concello abríase outra fronte de traballo coas aportacións dos alumnos da Escola Coruñesa de Arquitectura que analisan, nunha asignatura específica, o particular escenario que presenta As Pontes co seu lago, logo dun convenio entre Concello e a Universidade para esta fin.
A composición do Consello Consultivo de As Pontes quedou como segue: a presidencia recaerá no alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e a vicepresidencia na edil de Turismo, Ana María Pena.
Coma vogais estarán os empresarios Ramón Blanco, José Marcial Doctor, Amador Formoso, José Manuel Moure, José Manuel Peleteiro, ademáis de Carlos Basoa coma representante veciñal, o presidente de Euroeume José Castro, a arquitecta María Ríos, o xeólogo Jerónimo López, a licenciada en Xeografía María Soledad Souto e o director comercial Carlos Quintana.
Finalmente, o equipo técnico deste consello estará integrado pola arquitecta Cruz Vigo e o enxeñeiro Marcelino López.
O vindeiro mes de marzo,farase unha segunda xuntanza na que se contará coas primeiras achegas dos membros deste órgano que onte se constituía oficialmente.
Paralelamente, ontinuan os encontros das diferentes mesas sectoriais organizados polo executivo local para recoller as aportacións do tecido veciñal e asociativo local.
No hay comentarios:
Publicar un comentario