jueves, 13 de diciembre de 2012
OS NENOS E NENAS DE AS PONTES XA PODEN ENVIAR A SÚA CARTA AOS REIS MAGOS DE ORIENTE MEDIANTE O BUZÓN REAL
De seguro que, nestes días, pequenos e pequenas están xa a preparar esa carta dirixida aos Reis Magos para recibir moitos agasallos na noite do 5 de xaneiro. Bonecas, coches, camións, videoxogos ou patíns formarán parte da longa lista de peticións coa que se atoparán Melchor, Gaspar e Baltasar dentro duns días e que recibirán a traverso dos diferentes buzóns reais que ateigan tendas ou centros comercias.
Pero nas Pontes tamén temos buzón real para facerlle chegar ás súas maxestades de oriente as peticións e desexos daqueles nenos e nenas que se portasen ben durante todo o ano.
Como ven sendo habitual, o buzón xa se atopa instalado nos soportais da Casa do Concello e alí todos os nenos e nenas que así o desexen poderán depositar a súa carta de Nadal ata a primeira semana de xaneiro.
Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán todas as misivas dos nenos e nenas da nosa vila e, por suposto, farán un lugar na súa apretada axenda para contestar cada una destas cartas.
Cada carta deberá contar co nome, apelidos e enderezo do neno ou nena escritos con letra lexible para que cada remitente poida recibir a resposta da propia man das súas maxestades de Oriente. O buzón real estará no concello de As Pontes ata o 5 de xaneiro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario