miércoles, 13 de marzo de 2013
O Concello celebrará o luns un encontro informativo para dar conta do PXOM e no que a veciñanza poderá realizar as súas aportacións
O Concello de As Pontes ven de convocar un acto público para expoñer o estadoa ctual dos traballos que se están a realizar cara a un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Neste acto aberto exporase un documento elaborado en base á información recollida e as previsións de traballo para as data vindeiras malia que aínda non se trata dun documento normativo, tan só é informativo.
Dende a concellería de Urbanismo, que dirixe Antonio Alonso, convídase a todos os veciños e veciñas a achegarse a esta primeira aproximación pública dun traballo que xa leva un ano en proceso e na que tamén se poderán realizar aportacións por parte dos veciños.
A cita será na Casa Dopeso, o vindeiro luns día 18 ás 20.00 horas
Coa redacción dun novo PXOM, o goberno municipal pretende poñer en orde o desenvolvemento urbanístico local e o encontro que terá lugar a vindeira semana é un paso máis na intención de que os ponteses e pontesas tomen parte directamente na súa elaboración
Rematarase así coas obsoletas directrices de urbanismo en vigor pois o Concello se rexe polas Normas Subsidiarias Municipais de Planeamento de 1985.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario