viernes, 22 de marzo de 2013
O PRIMEIRO MERCADO DE OPORTUNIDADES DE VERÁN CELEBRARASE O 11 DE MAIO
O Mercado de Oportunidades do Verán (MOVE), promovido polo departamento municipal de Promoción Industrial, vaise facer coincidir coa Festa do Camioneiro, na xornada do vindeiro o 11 de maio.
Dende a concellería que dirixe Montserrat García e mediante o Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC) o IPPEc vaise promover un novo mercado a imaxe e semellanza do exitoso MOVA, que permitirá ós comerciantes da vila sacar á rúa as súas mercadorías a prezos vantaxosos nunha edición xa cara ó verán.
A Concellería de Promoción Industrial facíase eco desta demanda dos comerciantes locais e abrira un prazo de preinscrición para plantexar a organización do evento en función desa participación.
Onte mesmo celebrábase unha nova reunión entre Concello e comerciantes na que se decidía o 11 de maio como xornada do MOVE, para facela cadrar coa moi concorrida Festa do Camioneiro, o que permite tamén traballar con máis tempo e abrir un novo prazo de inscrición.
Foran 14 os comercios inscritos ata hoxe, e agora, coa data xa oficial, ampliarase ata o 3 de abril o prazo para acoller novos participantes. Os interesados poden dirixirse ó rexistro do Concello.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario