jueves, 21 de marzo de 2013
ESTUDANTES DE SANTA MARÍA COÑECERON ONTE O FUNCIONAMENTO DO CONCELLO DA MAN DO ALCALDE
A Casa do Concello recibía onte a uns particulares visitantes: algo máis dunha ducia de estudantes de Primaria do colexio de Santa María. Baixo a dirección da súa mestra, estes pequenos e pequenas se achegaban ata a casa consistorial onde foron recibidos polo alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, que ademáis de anfitrión exercía de mestre por un día para explicarlles a estes estudantes o funcionamento habitual das dependencias municipais.
De feito, a primeira parada dos escolares foi o Rexistro Municipal onde estes nenos e nenas puideron dar conta das súas peticións ao executivo local e que van dende a adecuación de instalacións para persoas con movilidade reducida ata a construcción de novos centros para persoas maiores.
Posteriomente, tocaba visitar o Salón de Plenos onde, dende o seu respectivo escano, cada pequeno e pequena puido realizar as súas preguntas e peticións ocupando as bancadas que, normalmente, pertencen ao alcalde, os concelleiros do equipo de goberno ou aos membros da oposición.
Como punto e final a esta visita nada mellor que levar un recordo por xentileza do Concello e unha nova experiencia que contar nos seus fogares xa que, non todos os días, un pode ocupar o posto do rexedor do seu concello.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario