viernes, 15 de marzo de 2013
O PROGRAMA AULAS DE DIVERSIÓN REGRESA MAÑÁ CUN OBRADOIRO DE COCIÑA INFANTIL
O programa de ocio infantil Aulas de Diversión volve este sábado trs varios meses de descanso. Un ano máis, este exitoso programa volverá ateigar as mañás dos sábados de actividades do máis variopintas para unha trintena de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade, e é que dende a concellería que dirixe José Alén reedítase unha das iniciativas de mellor acollida entre as familias para conciliar promoción laboral e vida familiar durante as mañás de sábado.
Como estrea nada mellor que unha das actividades que sempre rexistra o non hai vacantes como é o obradoiro de cociña. Nesta ocasión, mañá e nas dependencias da Escola Infantil da Barosa, será posible desfrutar das sinxelas receitas do cociñeiro Antonio Díaz, do restaurante eumés Andarubel que, un ano máis volve colaborar con este programa de ocio educativo.
En dúas quendas, entre as 10.30 e as 12.00, ou ben de 12.00 a 13.30 se desenvolverán estas clases para o que era preciso anotarse previamente.
Pero aquí non quedan as actividades que integrarán este ano o cartel de aulas de diversión e é que xa no seu escenario habitual, como é a casa de Don Pedro, o día 23, se retomarán as actividades cunha clase de pintura e reciclaxe de camisetas.
Tralas vacacións de Semana Santa, o 6 de abril, está previsto qe se celebre un obradoiro de educación vial e para o día 13 do mes que ven desenvolverase un taller de técnicas de acampada.
O 20 de abril teremos outra clase didáctica adicada aos primeiros auxilios e abril pecharase o día 27 cunha búsqueda do tesouro. Maio arrincará cun obradoiro de montaxe de fotografías o día 4, e o día 11. novamente. haberá que poñer o mantelo xa que se desenvolverá un taller de chocolate.
O 18 de maio, por segundo ano consecutivo, contarase coa colaboura da protectora de animais Arco da Vella de Meirás que traerá a varios dos seus cans e para o día 25 terá lugar unha xornada adicada á música africana.
A programación pecharase o 1 de xuño cunha excursión en bicicleta ao lago de As Pontes.
Coma sempre todas estas actividades serán totalmente gratuítas e a maioría contarán cun máximo de 35 participantes, que tomarán parte nestas actividades por rigorosa orde de inscrición.
Para poder seguir máis polo miúdo este calendario é posible consultar a páxina web municipal no enderezo www.aspontes.com.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario