lunes, 8 de abril de 2013
GRAN ÉXITO DE PÚBLICO NA SEGUNDA EDICIÓN DA FESTA DO FREIXÓ DO FREIXO
A parroquia do Freixo converteuse, o pasado sábado, na protagonista comarcal do bo comer, da boa mesa e compaña e sobre todo do gran poder e calidade dos nosos produtos autóctonos e materias primas. De ahí que, a segunda edición da festa do freixó fose todo un éxito de convocatoria.
A climatoloxía non foi capaz de augar unha festa que pouco a pouco se está a consolidar na primavera pontesa e que contou con máis de 260 comensais entre veciños da zona e tamén de concellos limítrofes, que se achegaron ata o Freixo para participar nesta cita. Con eles case a totalidade do equipo de goberno co alcalde, Valentín González Formoso, e os edís de Promoción Industrial, Xuventude, Xestión Orzamentaria, Obras, Seguridade Cidadá, Servizos Sociais, Pesoal e Deportes. E é que, xunto co colectivo veciñal Raíces, o Concello volvía involucrarse neste festexo gastronómico.
De feito, a programación da xornada prometía, con múltiples actividades que se abrían cunha mostra de artesanía e produtos da terra, onde non faltaron os artigos dos nosos Artesáns do Eume e ata produtos coma o queixo ou o mel da nosa comarca e que máis dun e dunha se levaron para os seus fogares.
Non podía faltar tampouco un saboroso xantar con centos de comensais e que coma postre tivo uns deliciosos freixós preparados na freixoeira municipal polos integrantes do colectivo veciñal de Beira do Eume que, un ano máis, volvían poñer o mantelo e o gorro para elaborar este suculento postre composto por auga, leite, ovos, sal e fariña e que tan típico é nas mesas da nosa terra. Asemade, tamén houbo quen se animou a levar algunhas ducias de freixós para xa, máis tranquilos, degustalos nos seus respectivos fogares.
E tralo bo comer tocaba facer a sobremesa, desta vez coa música do Dúo Maracuyá que se encargou que alegrar un sábado xélido pero iso sí con festa rachada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario