

.JPG)
Nova proba deportiva coa praia e o lago de as pontes como escenario a que puidemos desfrutar esta pasada fin de semana e cunha gran afluencia tanto de público coma de participantes porque, por primeira vez, As Pontes era sé dunha das probas do Circuito do Barbanza de Volei Praia; unha competición que trouxo ata a nosa vila este deporte.
Dende o Concello, mediante o departamento municipal de Xuventude, decidíase apostar por poñer en marcha esta proba que logrou unha alta participación con un total de 30 parellas, nas categorías tanto masculina coma feminina que, ata onte, lograron captar a atención de moitos visitantes e veciños que decidiron achegarse ata o areal pontés para dar un paseo, tomar un refresco e desfrutar, asemade, desta modalidade deportiva non moi coñecida na nosa vila.
De feito, a nosa vila estreábase nun circuíto que ben de cumprir trece anos de vida e que conta cun total de cinco probas, que se desputarán en diferentes areais de Boiro, ademáis de As Pontes ou a Pobra do Caramiñal.
Na mañá do sábado e ben cedo, contra das 10, arrincaban as primeiras eliminatorias que se desenvolveron ata entrada a tardiña, a un set de 21 puntos, e xa o domingo se deixaba paso ás rondas finais con partidos máis longos, de tres sets, e cos grandes favoritos da competición coma protagonistas.
Así na final masculina, enfrontábanse David e Edu do Ourense Voley Praia, contra a parella valenciana integrada por Vito e Sento con victoria final para os ourensans. Completaban a clasificación masculina Carlos e Rafa, no terceiro posto. Namentras, en categoría feminina as grandes vencedoras foron Nuria e María que derrotaron na final á parella do Barraña Volley Praia Rebeca e María; terceiras remataban as irmáns Ania e Pachi do Ourense Voley Praia.
Os concelleiros de Xuventude e Obras, Jesús Tembrás e Antonio Lourés, respectivamente, foron os encargados de presidir a entrega de premios final aos gañadores deste primeiro open de volei praia pontés
No hay comentarios:
Publicar un comentario