
As Pontes volverá albergar nuns días a xiareiros do deporte do pádel de toda a comarca e é que, por terceiro ano consecutivo, as pistas da Canle IV acollerán o torneo X3, unha cita xa clásica no mes de setembro que se consolida ano tras ano e que volverá demostrar o gran atractivo desta modalidade deportiva na nosa vila.
A competición desenvolverase entre os días 8 e 15 de setembro, nas categorías de 2ª, 3ª e 4ª masculina; 2ª e 3ª feminina e 2ª e 3ª mixta, ademáis de en Primeira. O máximo de parellas será de 16 por categoría e garantiranse un mínino de dous partidos por anotado.
O prezo das inscricións é de 15 euros por categoría e de 25 euros se se trata de dúas categorías, sendo necesario anotarse denantes do 5 de setembro, telefonando ao 689 294 963 e 677 643 766, mediante a páxina mistorneosonline.com ou no espazo de Facebook deste torneo.
Con respecto aos premios, está previsto que se repartan premios económicos de ata 250 euros, para as parellas de primeira, namentras que o resto de xogadores poderán competir por vales de compra en material deportivo por valor de ata 160 euros e agasallos deportivos.
O Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Deportes, xunto co clube Padel Eume Matojoma, La Voz de Galicia, Seguros Matojoma, Óptica Carmela, Nexo Veterinarios, Gegúndez Sport, Lecar, Grafigal, María Barcia, Coca Cocal, Deportes Equipa, Huso 29, Talos, A Fundación e Galiorient e Montero serán os encargados de patrocinar esta cita deportiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario