jueves, 19 de septiembre de 2013
Cultura abre o prazo para a matrícula de novos alumnos nas diferentes disciplinas que ofertan para o curso 2013-2014
O departamento municipal de Cultura abrirá mañá o prazo de inscrición de novos alumnos para as diferentes escolas de música e baile que se ofertarán neste curso 2013-2014.
Así as cousas, tralo peche da prematrícula de alumnos do pasado curso, a día de hoxe quedan vacantes nas escolas de música tradicional, baile clásico e moderno e tamén baile galego para nenos e adultos.
Nembargantes, o que sí que apuntaron dende o departamento que dirixe sara ramos é que hai certos horarios na disciplina de baile moderno para nenos que xa contan co aforo completo polo que tan só sería posible idear unha lista de agarda. No tocante ao resto de disciplinas, dende mañá e ata o xoves da vindeira semana é posible achegarse ata a concellería de cultura en horario de 8.30 a 14.00 horas de luns a venres ou as tardes do martes e mércores de 17.00 a 19.00 horas, e alí tramitar a pertinente inscrición.
Con respecto á adxudicación de prazas, no caso de que a demanda non supere o número de prazas vacantes procederase a unha adxudicación directa, namentras que se haber máis interesados que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo tralo peche de matrícula oficial e que se dará a coñecer mediante o taboleiro de anuncios da concellería de Cultura.
Coma cada ano, os novos alumnos deberán cubrir o pertinente impreso, entregar unha foto tamaño carné e realizar o pago dos 40 euros por escola municipal na entidade estipulada para tal fin.
No tocante ao inicio das clases estas están programadas para a primeira semana de outubro e os horarios serán os seguintes. As clases de gaita de todos os niveis terán lugar os luns, no auditorio municipal Alovi, entre as 17.00 e as 23.00 horas. Pandeireta contará con clases os martes, dende as 18.00 horas, para adultos e os xoves para nenos, na Casa Dopeso, tamén dende as 18.00 horas.
A disciplina de acordeón desenvolverase os mércores na Casa Dopeso entre as 18.00 e as 21.00 horas e baile galego terá como escenario tamén a Casa Dopeso, os xoves dende as 19.00 horas para os máis pequenos e, dende as 20.30 horas, serán os adultos os que poidan aprender novas xotas e muiñeiras pero no Alovi.
Tamén os xoves teremos percursión dende as 16.20 horas no Alovi, namentras que danza clásica e flamenco desenvolverase ou ben os luns ou os venres, dende as 17.00 horas, na Casa Dopeso, segundo o grupo de idade dos anotados.
Finalmente, baile moderno, a disciplina con maior demanda cada curso desenvolverase os luns, venres ou sábados, segundo o horario de cada grupo de idade, na Casa Dopeso.
Para obter máis información ou ben para tramitar a pertinente inscrición é posible achegarse ata a Casa Dopeso ou ben telefonar ao 981 44 03 44.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario