viernes, 17 de enero de 2014

A Concellería de Promoción Industrial, Hostalería e Comercio organiza a II edición do seu curso de escaparatismo dirixido a comerciantes locais

O Concello de as Pontes vai poñer en marcha xa a segunda edición do curso de escaparatismo. Logo da exitosa primeira entrega desta actividade formativa para os comerciantes locais, dende a Concellería de Promoción Industrial, Hostalería e Comercio, que dirixe Montserrat García, anunciábase a pasada fin de semana a celebración deste segundo curso para atender á gran lista de agarda que xerou o primeiro destes obradoiros e que demostra a interese do tecido comercial local nesta materia. Volven ser outras quince as prazas ofertadas, pero tan só quedan tres por cubrir, xa que hai ata doce que xa están gardadas da lista de espera do curso precedente. Novamente este curso será totalmente gratuíto sendo necesario anotarse dende o vindeiro luns e durante toda a semana no Rexistro Xeral do Concello, ubicado na pranta baixa da Casa Consistorial. O curso desenvolverase todos os sábados do mes de febreiro, en horario de tarde. A formación a impartir permitirá que os nosos comerciantes se acheguen ó coñecemento de todas as técnicas que converten un escaparate no perfecto técnico de vendas, coñecendo os deseños, o aproveitamento do espazo, os elementos que o compoñen e que productos son os máis

No hay comentarios:

Publicar un comentario