miércoles, 30 de abril de 2014

O Concello de As Pontes convoca para o mércores e xoves da vindeira semana as probas para a elaboración da lista de agarda do servizo de limpeza

O Concello de As Pontes poñía onte en marcha o proceso de elaboración dunha lista de agarda para cubrir posibles baixas e acumulación de tarefas no servizo municipal de obras, un proceso que tamén se extenderá ao servizo de limpeza e é que xa se fixaron as datas dos exames que servirán para confeccionar unha segunda lista de agarda tamén para este servizo. Será a vindeira semana e tamén en dúas quendas, debido ao gran número de solicitudes presentadas para este proceso. Un total de 130 persoas tomarán parte nalgunha das dúas xornadas nas que se dividirá a proba oral á que se deberán someter os candidatos e candidatas a formar parte deste listado. Así para o mércores da vindeira semana, ás 9.00 horas, están citados todos aqueles cuios apelidos vaian do A ao G, e para o xoves o resto dos candidatos, tamén ás 09.00 horas. A proba, de carácter oral, realizarase na aula polivalente da Casa Dopeso, ubicada no segundo andar deste edificio municipal, e terá como contidos o temario xa recollido nas bases desta convocatoria. Así as cousas, os candidatos deberán dar conta dos seus coñecementos en materia de produtos de limpeza máis usuais; en técnicas, utensilios, maquinaria e métodos de limpeza; tipos de suciedade, organización do traballo e prevención de riscos laborais e normas e precaucións no manexo do almacenamento de productos de limpeza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario