martes, 29 de abril de 2014

O Concello de As Pontes e os bispados de Santiago e Mondoñedo-Ferrol mantiveron un encontro co fin de recuperar as casas rectorais de San Pedro de Eume e O Freixo

O Concello de As Pontes segue adiante co proxecto de recuperación das rectorais de O Freixo e San Pedro de Eume, para o que a pasada semana mantiña un novo encontro cos bispados de Santiago e Mondoñedo-Ferrol. Valentín González Formoso plantexou o proxecto municipal de rehabilitación do edificio ó Bispo da diócese Mondoñedo- Ferrol, Manuel Sanchez Monge, atoipando unha boa acollida para a inminente sinatura dun convenio que o permita, logo de que dea o visto bo o Consello Económico do Bispado. Deste mesmo trámite estase pendente para realizar o mesmo cometido coa casa rectoral de San Pedro de Eume, para o que xa está tamén o proxecto en mans do Bispo da outra diócese con competencias no termo municipal, a de Santiago. As negociacións que se están a manter cos dous arzobispados perseguen a sinatura de senllos convenios que permitan dispoñer das casas rectorais ubicadas nestas dúas parroquias do rural. Son dous inmobles históricos, abandoados e camiño xa de verse afectados polas ruinas, polo que dende o goberno local se posta pola sua rehabilitación. A partir de ahí daríaselle un uso que garantise a perdurabilidade destes edificios que pasarán a facer a función de vivendas. O alcalde pontés saía moi satisfeito das reunións mantidas coas autoridades eclesiais. “ Atopamos moi boa acollida a estas propostas. A todos non interesa, pois son edifícios que teñen un custo de mantemento e previamente precisan dunha rehabilitación. Isto non tería senso sen darlles un uso. E este goberno ten apostado pola posta en valor dun rural que precisa de recuperarse demográficamente, e dende ese punto de partida revitalizarase como pretendemos xa dotándoo de servizos que o fagan máis habitable,e como amosamos coas actuacións que promovemos en todas as parroquias”. O proxecto contempla habilitar vivendas para alugar menores de 35 anos a un prezo asequible, co que se acadaría o mantemento do inmoble e se lle daría un uso que redundaría en aras de facer máis atractivo o rural para a xente nova. Estas dúas actuacións irían parellas á recuperación do palco do Freixo e da Escola rural de San Pedro de Eume, que xa asumira o Concello, así como a restauración da Igrexa de O Freixo que xa abordara o Bispado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario