martes, 29 de abril de 2014

A feira quincenal pontesa reubícase, definitivamente, no centro urbano

A feira quincenal de As Pontes volve pasado mañá ó centro da vila na que xa vai ser a súa ubicación definitiva. A remodelación levada a cabo no centro urbán de As Pontes o longo destes últimos tempos, e por mor das obras nas principais rúas do centro urbán, dende o goberno local víanse obrigados a plantexar o traslado da feira quincenal do municipio. Naquel momento apostouse pola zona de Perfolla por contar cun espazo amplo e aberto, nunha zona céntrica con accesos cercanos e directos dende as arterias principais da vila. Este traslado tiña carácter provisional ,posto de manifesto o compromiso de devolver a feira ó seu espazo natural unha vez rematasen esas ambiciosas obras de remozado do centro neurálxico pontés, pero nas pasadas semanas acordábase cos colectivos de comerciantes e hostaleiros a ubicación rotativa entre ambolos dous emprazamentos, para contribuír a dinamización económica e social das dúas zonas comercias. Non obstante, e trala celebración da última feira do pasado día 1 na zona de Perfolla, o Governo Municipal ven de adoptar o que será o traslado e ubicación definitiva da feira as rúas centráis coma no pasado, por entender que ese é o desexo da cidadanía en xeral, e a ubicación preferida non só polos veciños e usuarios da feira, senon tamén polos propios vendedores ambulantes, e polo tanto onde a feira se desarrolla coa maior asistencia de postos e clientes. Montserrat García, tenente de alcalde do concello pontés salientaba a participación veciñal na toma desta decisión: “Pulsado o interese xeral o que se fai é devolver a feira quincenal ó lugar desexado polos veciños e veciñas de As Pontes “ . A feira volve ás avenidas de A Coruña, Ferrol e Praza de América, onde volverá xogar o papel dinamizador da vida local, e mesmo do comercio e a hostalaría que aproveitan as sinerxias destas datas cada primeiro e quince de mes,polo que este festivo do primeiro de maio xa se poderán atopar os postos no mesmo centro urbán, gañando en accesibilidade e comodidade para toda a poboación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario