miércoles, 2 de julio de 2014

A Escola de Piragüimo Cidade de Pontevedra gran trunfadora no XXII Memorial Carlos Fornos e no VI Trofeo José Ramón Corral

O lago de As Pontes acolleu o pasado sábado a XXII edición do Memorial de Piragüismo Carlos Fornos e tamén a VI edición do trofeo José Ramón Corral, unha cita que a pesares do mal tempo que se rexistraba na mañá do sábado e ás malas condicións das augas do lago, cunha gran ondaxe, logrou contar cunha alta participación, ao incluírse a proba na Liga Galega de Ríos e Travesías. Deportistas de todo o ámbito galego tomaron parte nesta mítica cita deportiva do verán pontés e que nos deixou diferentes competicións nas modalidades de K-4 e C-4. No tocante aos resultados por equipos, a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra foi a gran protagonista da xornada ao levarse non só a victoria por equipos neste memorial, senón tamén ao facerse co Trofeo José Ramón Corral ao lograr a maior puntación en categoría cadete. Con respecto aos resultados por categorías, en K-4 cadete o equipo da escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra copaba o pódium tanto na categoría masculina coma feminina coas tripulacións formadas por Alexandre Castro, Iván Villanueva, Luis Estévez, Daniel Reboreda, Alba Lorenzo, Carolina García, Noelia Rodríguez e Antía Jacome. En junior, novamente a victoria foi para o conxunto da cidade do Lérez coas embarcacións formadas por Adrián García, Alexandre Marcos, Iván Benavente, Sergio Couso, Ainhoa Gamallo, Andrea Magariños, Isabel Noya e Jenifer Casal. Xa en C-4 junior, o primeiro lugar foi para a embarcación do Clube Breogan do Grove, integrada por Borja Meis e Diego Naveiro e no K4 senior masculino gañaba o Clube Piragüismo Viveiro con Marcos Illanes, Francisco Pigueiras, Iván Rodríguez e Alberto Pigueiras. No k-4 feminino senior o primeiro lugar foi para o clube Breogán (O Grove), coas piragüistas Ruth Otero, Tania Álvarez, Laura García e Sara Bravo, namentras que no C-4 masculino senior a victoria foi para o Clube Kayak Tudense con Óscar Graña, Brais Casas, Daniel Costa e David Costa. O palmarés da xornada completouse coa categoría K-4 veteranos, onde se daba a primeira e única victoria pontesa, neste caso coa embarcación do Grupo Xuvenil, con José Antonio Menéndez, Serafín Fontao, Ernesto Gancedo e Antonio Polo. A entrega de trofeos, unha vez rematadas todas as probas, estivo presidida polo edil de Deportes pontés, Carlos Castro

No hay comentarios:

Publicar un comentario