jueves, 3 de julio de 2014

MAÑÁ ABRE O NOVO EDIFÍCIO MUNICIPAL DO HEXÁGONO, NA FRAGA

O hexágono da Fraga abrirá mañá as súas portas tras máis de un ano da conclusión dos principais traballos de remodelación deste emblemático edificio e que agora dará servizo non só a case unha ducia de colectivos do tecido asociativo local, senón tamén aos grupos musicais ponteses. Así as cousas, xa mañá á tarde, dende as oito do serán, veciños e veciñas poderán coñecer o novo aspecto exterior e interior dunhas instalacións que conta cun patio de 260 metros cadrados, con tres locais de ensaio e gravación, unha sala de bedel, cuartos de instalación e limpeza, aseos e varios espazos para os colectivos de Artesáns do Eume, a Asociación Amigos da madeira de As Pontes, o colectivo Quemaisten Teatro, a Asociación cultural Alende, o colectivo de Empresarios e Comerciantes As Pontes - Vilalba e a Asociación de estudos históricos Hume. Tamén contarán co seu propio local no hexágono os clubes deportivos Olympo, Terras do Eume, Clube de montaña o Caxado, cCube o pito dobre de dominó e o Clube ciclista As Pontes- Vilalba. Este novo edificio de carácter cultural comezará xa a prestar servizo en poucos días, tras do pertinente reparto de locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario